Activo un incendio forestal no Irixo que afecta a 20 hectáreas
Nos traballos de control participan 2 axentes, 8 brigadas, 3 motobombas e 4 helicópteros.
// @Batallont15
A Consellería de Medio Rural informa dun incendio forestal activo no municipio ourensán do Irixo, parroquia de Cangues.
O lume iniciouse esta tarde ás 17:31 horas e, segundo estimacións provisionais, afecta a unha superficie dunhas 20 hectáreas. Nos traballos de control participan 2 axentes, 8 brigadas, 3 motobombas e 4 helicópteros.
ACTUALIZACIÓN 09/04: O lume quedou extinguido na mañá deste domingo.
Escribe o teu comentario