Facenda ingresará en Galicia 466 millóns e devolverá 614

|

Agenciatributariahacienda


A Axencia Tributaria estima que ingresará en Galicia na campaña da renda deste ano uns 466 millóns de euros, un 7,9% máis que na anterior, segundo informou a delegada de Facenda nesta autonomía, Imelda Capote.


Mentres, segundo as previsións de Facenda, as devolucións situaranse ao redor dos 614 millóns, o que supoñerá un incremento do 2,1 por cento respecto da campaña anterior.


En rolda de prensa, Capote encargouse de debullar todos o datos referidos á campaña da renda deste ano, que se estende ata o 30 de xuño, coa eliminación do Programa Padre e a xeneralización de Renda Web.


Apenas 48 horas despois da apertura do prazo para presentar a declaración por vía telemática, segundo indicou a delegada, xa se presentaron 41.752 declaracións na comunidade galega, o que supón un 55% máis que na campaña anterior. A delegada situou este incremento no fallo nos sistemas de Facenda, o que dificultou a presentación de declaracións ao comezo da campaña do ano pasado.


En total, este ano presentaranse en Galicia un total de 1.265.000 declaracións, cun aumento dun 1,04%. Delas, 1.031.000 serán individuais, un 1,9% máis; e o resto, 234.000, conxuntas. Estas supoñen un descenso do 2,5% respecto ao ano anterior.


Por tipo de declaración, 300.000 serán positivas, outras 896.500 terán dereito a devolución, mentres que 68.500 serán negativas ou se englobarán en "outros" apartados.


NOVIDADES


Da campaña deste ano, entre as principais novidades, Imelda Capote destacou que o 100% das declaracións poderanse realizar con 'Renda web', que non require descarga de programas e dá acceso aos fiscais e permite operar en diferentes sesións desde calquera dispositivo.


Tamén, como novidade, por primeira vez poderase efectuar a través da propia declaración as modificacións ao seu favor que deban facer os contribuíntes sobre declaracións xa presentadas.


Ademais, este ano a Axencia Tributaria vai establecer un plan piloto de chamadas saíntes. Desta forma, a propia Axencia chamará a contribuíntes en supostos nos que, nun determinado momento e certos perfís de declaracións máis sinxelas, non existan citas dispoñibles para a atención presencial.

relacionada Facenda recibe 750.000 declaracións da renda en dous días
relacionada Arrinca a campaña da renda 2016

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress