Un rottweiler deixa gravemente ferida á veterinaria da canceira de Ordes

Luck, de 7 anos, foi sacrificado tras a agresión | A muller tivo que someterse a unha operación de reconstrución de xemelgos.


|

Rottweiler


O ataque dun rottweiler da canceira municipal do Concello de Ordes case lle custa a vida á súa coidadora, a veterinaria do recinto. Segundo informan varios medios, o animal, que levaba pouco tempo na canceira, atacou a Concepción cando esta entrou na súa gaiola, e foron os berros de socorro da muller os que alarmaron aos bombeiros, que por sorte para Concepción, están á beira da canceira. A súa rápida intervención cunha mangueira logrou que Luck soltase a Concepción, quen tivo que empolicarse ao valo para fuxir do ataque. Para entón, o can de sete anos xa conseguira engancharse ao seu xemelgo e insistía en desgarralo, segundo o relato estremecedor da muller ao diario La Voz de Galicia.


Concepción foi inmediatamente trasladada a un centro de saúde e agora está ingresada no hospital de Conxo, onde foi operada de urxencia para reconstruírlle os xemelgos. A súa recuperación será longa e requirirá rehabilitación para volver xerar masa muscular nesta área. O animal xa foi sacrificado e Concepción asegura que seguirá co seu oficio e a atención aos cans. 

relacionada Atopan animais mortos e malnutridos nun alpendre dun veciño de Ponte Caldelas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE