Concentración en Vigo contra as carencias que sofren as urxencias do PAC de Cangas

Máis de 5.200 firmas solicitan que se dote o servizo da presenza "permanente" de persoal e de medios "necesarios".


|

CangaspacfirmasRecollida de firmas. //Foto: Plataforma Sanidade Cangas


A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas instou á cidadanía a concentrarse este xoves 6 de abril ante o edificio da Xunta en Vigo, concretamente ao mediodía, para solicitar que o Servizo Galego de Saúde dote o servizo de urxencias do PAC de Cangas con presenza "permanente" de persoal e cos medios "necesarios" para ser "máis resolutivos".


Este colectivo estivo durante todo o mes de febreiro na rúa recollendo firmas de veciños de Cangas para que se cumpra esta solicitude, tal e como a plataforma indicou nun comunicado. A acollida por parte dos veciños foi, asegurou, "moi gratificante", participando numerosos establecementos e voluntarios e logrando unhas 5.226 firmas.


"O señor conselleiro de Sanidade non contesta ás numerosas solicitudes de reunión que solicita o Concello para que escoite as carencias sanitarias que ten o pobo de Cangas. Por tanto, ante esta actitude, marcámonos, xunto cos grupos do goberno de Cangas e os da oposición, salvo PP, unha folla de ruta ata chegar á Consellería de Sanidade para que escoite as peticións do pobo de Cangas, comezando por levar ao rexistro da Xunta, en Vigo, as 5.226 firmas recollidas entre os veciños", relataron desde o colectivo.


A continuación, precisaron que está confirmado que o delegado da Xunta en Vigo vai recibir ao alcalde de Cangas e á Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas. Tras a reunión, sinalou a plataforma, farán unha rolda de prensa para valorala.

relacionada Persoal do Chuvi convoca unha manifestación para pedir melloras en Atención Primaria

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE