O MAC organiza un congreso internacional sobre asociacionismo no mundo artístico

|

Congresomac


O Museo de Arte Contemporánea (MAC) da Fundación Gas Natural Fenosa organizará os días 20 e 21 de abril un congreso internacional destinado a reflexionar sobre a estrutura do asociacionismo no mundo artístico, en colaboración coa Colectiva, Asociación Profesional de Artistas de Galicia.


Baixo o título 'Estratexia e forma', "o encontro dará a coñecer os principais modelos asociativos internacionais e presentará aqueles casos de éxito nos que se xeraron oportunidades de interese para o sector", explica a organización.


En concreto, a directora do MAC, Carmen Fernández, asegura que o obxectivo é "achegar coñecemento, establecendo un lugar para a posta en común e o diálogo entre os distintos axentes culturais para atopar estratexias de xestión e formas xurídicas asociativas que melloren a situación do artista e do sector da arte contemporánea na actualidade".


Sobre o foro, asegura que ofrecerá "distintas oportunidades para atoparse e intercambiar experiencias e contactos con outros profesionais do sector, coñecer de primeira man aos seus protagonistas e detectar as necesidades dos distintos colectivos para ofrecer solucións".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress