Outra vez Xibraltar

Manuel Fernando González Iglesias


Gibraltar2


A miña xeración viviu colgada á estampiña de Xibraltar español, unha coletilla como a do 'procés' que cansa, e moito, a moitos cataláns. Estes días a pantasma xibraltareña volveu, e non o digo polas estupideces do Premier Picardo, que para gañarse o soldo sacode a badana ao único estado europeo co que lle conviría levarse ben, xa que é o veciño do piso de arriba e, como todos sabemos, é o que mete ruído e non nos deixa durmir.


O Parlamento Europeo xa o dixo moi claro: Xibraltar e Irlanda gozan do dereito veto para os países que padecen anormalidades históricas no seu territorio. Ambas se reservan o dereito de dicir non a esa parte do Brexit, que propuxo Gran Bretaña como solución propia ás súas relacións co resto de Europa.


Supoño que esa decisión cortoulle o sorriso ao señor Puigdemont e ao Señor Romeva, que pretendían unha alianza similar á que provocou o Tratado de Utrech, para así dar renda solta ás súas ilusións soberanistas. E pensar que todo este lio nace pola sucesión no Trono de España en tempos de Luís XIV, o todopoderoso rei francés!


¡Outra vez, Xibraltar! Deixen algúns de historias pasadas y acabemos de una vez por todas con este pesadelo del Brexit. Salvemos entre todos o que mellor beneficie a ambas as partes e, como diría Don Jesús o cura que me bautizou, a partir do pacto que se ha de negociar, cada un na súa casa e Deus na casa de todos. E amén.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE