Cancela interpreta que está "en funcións" pero pedirá a Ferraz que o aclare

|

Pilarcancelasede


A presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, pedirá a Ferraz que lle aclare cal é o seu papel, tendo en conta que o pasado día 9 de marzo concluíu o mandato do órgano que encabeza e que desde esa data a dirección federal interina estivo a barallar a posibilidade de modificar a súa composición.


"Enténdese que segue en funcións", manifestou a deputada compostelá á Cadea SER, posto que non recibiu ningunha notificación nin para prorrogar o mandato da xestora galega nin para retirarlle competencias.


É, ao seu entender, "unha situación un pouco inusual e absolutamente excepcional", polo que remitirá "a correspondente consulta" para que Ferraz concrete que pode e non pode facer para os procesos congresuais que se abren na formación socialista.


O pasado sábado, o responsable de Organización e portavoz da xestora federal, Mario Jiménez, deu conta de que a dirección provisional galega "cumpriu o seu mandato" e que, por tanto se debe "articular unha resposta". "Estamos a falar e o que se faga será froito do diálogo con todo o mundo en Galicia e xunto coa dirección do partido", resolveu entón.

relacionada Ferraz busca o "consenso" para os posibles cambios na xestora galega
relacionada Mario Jiménez sinala que a resposta para a xestora do PSdeG será "dialogada"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress