Gadis reparte 30.000 euros en soldos para os seus mellores clientes

|

Gadisa 1


Supermercados Gadis outorga "valor engadido ao acto da compra" poñendo en marcha diferentes accións ao longo do ano para "mellorar a calidade de vida dos seus clientes". Con este propósito, a compañía entregou dous soldos de 15.000 euros cada un, agradecendo a confianza depositada por dúas clientas ao elixir os seus puntos de venda para realizar a compra.


María Otero Alén, clienta do Gadis Hiper de Carballo (Provincia da Coruña), viu premiada a súa fidelidade recibindo un dos dous soldos de 1.000 euros mensuais durante 15 meses. Entregoullo no establecemento o Delegado de Área de GADISA, Román Roo.


Gadisa2

Así mesmo, no Supermercado Gadis de Becerreá (Lugo), o Delegado de Área de Lugo de GADISA, Gonzalo Corredoira, entregou a Remedios Jiménez Jiménez o outro premio por valor de 15.000 euros.


Miles de clientes participaron no sorteo celebrado o pasado 8 de marzo ante notario, tras reunir tickets por valor de 200 euros no período correspondente do 1 ao 28 de febreiro, en todos os Supermercados Gadis de Galicia e Castela e León.


GADISA suma 217 Gadis, 163 Claudio franquiciados e 12 Cash Ifa, situados en Galicia e Castela e León.

relacionada Gadisa xera 100 novos empregos coas súas catro primeiras aperturas do 2017

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress