Inmobilizan 9 horas un autobús alemán de peregrinos por descanso obrigatorio

O autocar procedente de Munich ía ocupado por dous condutores que circularan durante 28 horas de forma ininterrompida


|

Autobusmovimiento


A Garda Civil de Lugo interceptou na A-6 un autobús con dous condutores alemáns que non cumpriran o descanso mínimo obrigatorio cando ían recoller uns peregrinos a Santiago de Compostela, polo que o autocar foi inmobilizado por un período de nove horas para que o realizasen.


Segundo informou o Instituto Armado, na mañá do luns, no quilómetro 493 da autovía A-6, axentes do Subsector de Tráfico de Lugo detiveron, dentro do seu habitual labor de inspección do transporte, a marcha dun autobús procedente da localidade alemá de Munich.


O autocar ía ocupado por dous condutores de nacionalidade alemá aos que, no momento de serlles requiridos os medios de inspección da actividade diaria, comprobouse que saíran da cidade alemá cun grupo de peregrinos con destino a localidade castelán-leonesa de Ponferrada ás 8,30 do día 1. Deste xeito, segundo destacan as mesmas fontes, conduciran "28 horas de forma ininterrompida", ata o momento de ser detidos.


A pesar de que terían que realizar o descanso correspondente desde as 5,30 horas, no momento de ser detidos polos axentes dirixíanse á localidade de Santiago de Compostela a recoller a un novo grupo de peregrinos que regresaban a Alemaña.


INFRACCIÓN


Esta actitude, segundo destaca a Benemérita, enmárcase nunha infracción á Lei de Ordenación dos Transportes Terrestres e, por iso, foi proposto para sanción ao Servizo Territorial da Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia.


Esta infracción leva, segundo apunta a Garda Civil, unha sanción de 3.000 euros e a inmovilización do vehículo no Polígono de O Ceao, "o cal non pode reiniciar a marcha ata unha vez descansasen nove horas consecutivas e se abone a sanción".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE