Saénz de Santamaría anuncia 247 millóns adicionais para os servizos públicos galegos

|

Feijoosantamariavillanueva

//@FeijooGalicia


A vicepresidenta do Goberno, Soraya Saénz de Santamaría, anunciou este luns que Galicia recibirá 247 millóns de euros adicionais para financiar os seus servizos públicos.


Sen entrar nas contías que se destinarán a infraestruturas na Comunidade galega, posto que os Orzamentos Xerais do Estado daranse a coñecer esta semana, o que si aseverou é que permitirán cumprir os últimos prazos comprometidos para a chegada do AVE a Galicia.


Díxoo a mandataria tras reunirse por espazo de case dúas horas co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no marco dunha visita á capital galega, na que participaron tamén o vicepresidente autonómico, Alfonso Rueda, e o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva.

relacionada Os PGE garanten a chegada do AVE a Galicia no terceiro trimestre de 2019

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress