O dicionario da RAG xa deixa buscar palabras pola forma en feminino
A novidade foi probada no DicionarioLab, un novo espazo para experimentar coas ferramentas de procura.
O dicionario da Real Academia Galega (RAG) acaba de estrear unha nova utilidade moi demandada polos usuarios e usuarias. Así, desde o pasado 30 de marzo é posible buscar directamente as palabras con variación xenérica pola forma en feminino.
Antes de incorporala, esta novidade foi probada no DicionarioLab, un novo espazo para experimentar coas ferramentas de procura do dicionario, froito da colaboración entre a RAG e a Fundación Barrié en matera lexicográfica, tal e como indicou a propia RAG nun comunicado.
Esta web centralizará toda a innovación, demandas e recomendacións que se vaian recollendo respecto delas nas páxinas da Academia e do Portal das Palabras nas aplicacións de Android e iOS para dispositivos táctiles, así como no bot de Facebook do Dicionario.
DicionarioLab empezou a funcionar o pasado 8 de marzo, Día Internacional da Muller, animando á seguidoras e seguidores a experimentar coa utilidade de procuras polo feminino.
Escribe o teu comentario