Red Eléctrica aproba a entrada de Fernández de Mesa no consello

A ratificación e nomeamento do exdirector da Garda Civil como conselleiro independente recibiu un 96% de votos a favor. 


|

Fernandezdemesa


A xunta xeral de accionistas de Red Eléctrica de España (REE) ratificou o nomeamento como conselleiro independente do ex director xeral da Garda Civil Arsenio Fernández de Mesa e aprobou a repartición dun dividendo con cargo ao exercicio 2016 que implicará unha mellora retributiva para o accionista do 7% con respecto ao ano anterior.


A xunta constituíuse cun quórum do 58,5% e, durante a mesma, o accionariado deu o visto a todas as medidas presentadas polo consello de administración, segundo indica a compañía nunha nota de prensa.


A reelección de María José García Beato como conselleira independente contou cun 98,9% de votos a favor do capital representado, mentres que a ratificación e nomeamento de Fernández de Mesa como conselleiro independente recibiu un 96% de votos a favor. O nomeamento de Alberto Carbajo como conselleiro independente contou cun 98,6% de votos a favor.


O respaldo do accionariado privado aos puntos relativos á retribución do consello de administración foi dun 98,9% de media. Como en anos anteriores, a Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) abstívose nos devanditos puntos, o que permitiu que sexan os accionistas privados quen decidan.


As propostas relativas ás contas anuais individuais e consolidadas, e a un dividendo anual de 0,8587 euros por acción que implica un incremento do 7% respecto ao ano anterior foron aprobadas cun 99,9% de votos a favor.

relacionada Unha pregunta de En Marea polas portas xiratorias desata "malas formas" de deputados do PP
relacionada O Goberno enchufa a Fernández de Mesa no consello de administración de REE

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE