Atopan morto nunha dársena da Coruña o actor Mateo González, de Serramoura

Estaba desaparecido desde o mércores, tras acudir aos Premios María Casares e unha festa posterior celebrada no Real Club Náutico. 


|

Mateoglezserramoura


Segundo informaron fontes da investigación a Europa Press, o corpo que apareceu sobre as 19.00 horas deste venres nunha dársena da zona da Mariña pertence ao actor eumés Mateo González, coñecido pola súa participación en series como Serra Moura, O Descoñecido ou Amar en Tiempos Revueltos


González asistiría o mércores á celebración dos Premios María Casares, tras os cales houbo unha festa no Real Club Náutico á que asistiría e tras a cal se lle perdeu a pista. 


Trátase do segundo cadáver que aparece nesta zona da cidade herculina este mesmo mes. En concreto, hai poucas semanas achouse na zona da Mariña, próxima ao lugar onde se atopa a discoteca 'El Pelícano', o cadáver do mozo Manuel Rodríguez Gómez, veciño de Visantoña, en Mesía, e que desparecera do seu domicilio.


A Asociación de Actores e Actrices de Galicia trasladou o seu pesar polo falecemento do actor, que quere compartir cos seus amigos e familiares.


"Mandamos todo o agarimo por parte de toda a familia que é esta profesión, da que forma parte e coa que se reuniu o pasado mércores na cerimonia de entrega dos María Casares", sinala a entidade, nun comunicado.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE