Balaídos colgará o cartel de 'cheo' na visita do Genk

|

Balaidosestadiofondo


O Celta recibe a visita do Genk belga en menos de dúas semanas e Balaídos xa conta co cheo case asegurado. Este venres, afeccionados celestes facíanse coas que son practicamente as últimas entradas á venda, pois só quedan aquelas promocionais ou as devoltas polos socios.


E é que os cuartos de final ilusionan en Vigo. 'Tucu' Hernández recoñeceu que o equipo ten contaxiada esa ambición na Europa League. Iso si, antes, aínda queda un camiño en liga, onde os celestes apostan por afanarse en conseguir a sétima praza que asegure o regreso a Europa a próxima tempada.


"Se cremos en nós mesmos, podemos logralo", afirmou o xogador chileno, quen considera que "sería moi lindo deixar pegada no Celta". Para iso, aposta, ademais, pola continuidade do adestrador, Eduardo Berizzo, un desexo que os xogadores veñen expresando ante os medios.

relacionada Fontàs: "Custaría atopar un adestrador que levase isto coma Berizzo"
relacionada O plan de Caballero para convencer a Mouriño: ceder Balaídos por 50 anos
relacionada O Celta xogará contra o Genk belga facer historia en Europa

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress