Ethel Vázquez conta con que o enlace orbital da AP-9 estea nos Orzamentos

A conselleira de Infraestruturas considérao un "proxecto prioritario" para o tráfico en Santiago.


|

Autopistaobras


A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, destacou este venres que o enlace orbital da autoestrada AP-9 representa un "proxecto prioritario", como lle trasladou a Xunta ao Ministerio de Fomento, e espera que teña partida orzamentaria.


Así o destacou Vázquez a preguntas dos medios con motivo da súa asistencia a un almorzo informativo en Santiago. "Falamos dunha actuación que, desde logo, desconxestionará o tráfico na AP-9 na zona de Santiago Norte e, ademais, mellorará o servizo cara ao aeroporto, cara ao polígono da Sionlla e poñerá en valor a A-54, que é a autovía que conectará Santiago con Lugo", destacou.


"Para nós é prioritario e o realmente importante é que se execute esta infraestrutura", afirmou a conselleira, quen apuntou que contan "con que ese proxecto estratéxico teña partida orzamentaria nos orzamentos que se aproben hoxe e conte co respaldo presupostos nos orzamentos no Goberno de España".


Preguntada sobre se se manterá o calendario trasladado pola entón ministra de Fomento Ana Pastor, Ethel Vázquez resaltou que conta "por descontado" que "haberá partida orzamentaria nos orzamentos deste ano".


"Teño coñecemento de primeira man de que están a redactar o proxecto construtivo, que na ampliación da AP-9 está previsto ese ramal, e compatibilicen as dúas actuacións", sinalou.

relacionada Villares: "Teremos que pagar primeiro a A-57 e logo o rescate da AP-9"
relacionada O Parlamento reclama outra vez de forma unánime o traspaso da AP-9

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE