Fayçal Fajr: "Prefiro que moitos futbolistas marquen que depender dun"

|

FaycalfajrdeporFayçal, durante un adestramento. // Fonte: RC Deportivo.


O Dépor busca asegurar a salvación canto antes para non chegar ao final de tempada sufrindo. É o obxectivo que está na mente de todos. Quizais por iso este xoves varios xogadores quedaron xutando a porta desde fóra da área ao terminar o adestramento. Entre eles, Fayçal Fajr, que atendeu os medios de comunicación na sala de prensa.


O xogador marroquí afirma que non foron ordes do adestrador, senón que saíu dos propios futbolistas. Sobre a falta de acerto, Fayçal asegurou que prefire "ter moitos futbolistas con goles que depender dun, temos que marcar tanto eu coma Emre, Carles, Ola John, Kakuta, Joselu... temos que marcar goles, aportar máis".


Ante os próximos partidos que enfrontan ao Dépor con rivais directos, o futbolista afirmou que "o que quero é conseguir a permanencia o máis rápido posible para non sufrir ata o final coma anos anteriores". Para iso, o primeiro pasa por vencer ao Valencia, do que "xa coñecemos o seu equipo, que co persoal que teñen non deberían estar abaixo".


A nivel persoal, chega dos compromisos coa selección "a tope, ao 100%, non teño problema de poder xogar partidos seguidos", e asegura que desde o seu regreso ten "o encontro do domingo na cabeza".

relacionada Álex Bergantiños: "En dúas semanas fun máis mediático que en tres tempadas"
relacionada Joselu desquítase con Garitano: "Véndeche as cousas dunha maneira e ves que non é verdade"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress