Falece unha persoa nun accidente de tractor en Carballo

Os feitos ocorreron nunha leira de Cambrelle, na parroquia de Razo. 


|

Unha persoa resultou falecido este martes nun accidente de tractor rexistrado no concello de Carballo, na Coruña, tras quedar atrapado debaixo da máquina.


Os feitos ocorreron nunha leira de Cambrelle, na parroquia de Razo. Un particular daba a voz de alarma ás 18.40 horas.


O persoal do 112 informou a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Carballo, que se achegaron ao momento cun equipo de excarceración, ademais de Protección Civil, Policía Local e Garda Civil.


ACCIDENTE EN FENE


Doutra banda, en Fene rexistrouse un accidente múltiple con catro vehículos implicados, aínda que ningunha persoa resultou ferida.


O sinistro produciuse na DP-1503, a estrada que une a localidade con Lavandeira. No lugar do accidente tivo que intervir o persoal responsable da conservación da vía, na que quedaron diversos restos do choque.


A Policía Local de Fene informou do accidente pasadas as 15.00 horas desta tarde, e alertouse a Protección Civil e os efectivos de mantemento.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE