Os forenses aseguran que a personalidade do presunto asasino de Denise Pikka é "normal"

|


DenisePrikkaThiem

As médico forenses encargadas de realizar a avaliación psicolóxica do presunto asasino da peregrina Denise Pikka Tiem, Miguel Ángel Muñoz Blas, aseguraron que a súa personalidade é "normal" e que decidiu confesar e relatar os feitos ocorridos ao dicirlle que o relato no que expoñía non ser culpable do suceso era "inverosímil".


En base á súa avaliación, as forenses aseguraron que Miguel Ángel Muñoz é unha "persoa normal, que dá volta ás cousas, metódico, ordenado e moi planificado", sen "nada que destacar en canto á súa agresividade", a quen lle gusta "esaxerar as cousas boas que ten" e "mostrarse máis favorable do que é".


Unha personalidade "normal" que xustifica o feito de que nalgún momento durante a reconstrución dos feitos rompese a chorar. Nesa reconstrución, Miguel Ángel narrou como mantivo unha conversación coa peregrina ata que a golpeou na cabeza, a arrastrou e, aproveitando o tobo dun xabaril, enterrouna, amputoulle as mans e quitoulle os seus efectos persoais.


Segundo o informe realizado polas forenses, ese golpe relatado por Miguel Ángel foi o que acabou coa vida de Denise, que faleceu como consecuencia de "un traumatismo cranioencefálico severo", polo que se tratou dunha "morte violenta por homicidio", cuxa data non se pode precisar con exactitude pero que se sitúa "entre un e oito meses antes da localización do cadáver", polo que as datas coinciden coa desaparición de Denise.


O traumatismo severo está acompañado de varios golpes tamén nas costelas, aínda que as forenses destacaron en todo momento os tres golpes na cabeza que "foron asestados en vida, debido á presenza de hemorraxias e coágulos de sangue" e que causáronlle "un defecto óseo tan grave e horrible que é incompatible coa vida".

relacionada Comeza este martes o xuízo polo asasinato da peregrina Denise Thiem
relacionada Atopan unha serra ensanguentada na casa do presunto asasino de Denise Pikka
relacionada A defensa do presunto asasino de Denise Thiem di que "inventou a reconstrución dos feitos"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress