O TSXG pecha a causa dos agasallos de Monbus a Feijóo e Rueda

Arquiva así as actuacións iniciadas por Pilar de Lara ao non considerar que os feitos sexan "constitutivos de delito", igual que no caso de José Blanco e o de José Manuel Barreiro.


|

Ruedafeijoo


A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) notificou este martes un auto no que acorda o arquivo das actuacións relativas a agasallos recibidos de Monbus por Alberto Núñez Feijóo e Alfonso Rueda ao "non ser" os feitos "constitutivos de delito".


Así o informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nun auto no que declara a súa competencia para o coñecemento dos feitos atribuídos a Núñez Feijóo e Rueda na exposición razoada remitida polo Xulgado de Instrución número 1 de Lugo.


Esta resolución xudicial no coñecido como 'Caso Vega Sicilia', segundo concreta o TSXG, non é firme e contra a mesma cabe interpoñer recurso de súplica.


A decisión do TSXG prodúcese despois de que a Sala do Penal do Tribunal Supremo rexeitase tamén a existencia de delito de suborno impropio no eurodeputado do PSOE José Blanco e os senadores do PP José Manuel Barreiro e Juan Antonio de las Heras polo feito de que fosen destinatarios de agasallos do Nadal (botellas de viño) por parte do presidente do Grupo Monbus, Raúl López.


ARQUIVO DO SUPREMO


O Supremo arquivou así tamén a causa aberta por mor dunha exposición razoada que lle fora remitida pola xuíza de Instrución número 1 de Lugo, Pilar de Lara, ao considerar que os feitos non son constitutivos de ilícito penal algún.


A investigación deriva dun informe do Servizo de Vixilancia Aduaneira que sinalaba unha vintena de cargos de Galicia e doutras zonas de España entre os que se citaba, ademais dos aforados xa sinalados, a outras personalidades coma o presidente da Xunta e o vicepresidente do Executivo autonómico.

relacionada O Supremo rectifica á super-Xuíza Pilar de Lara
relacionada O Supremo rexeita investigar a José Blanco e Barreiro polos agasallos de Monbus

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE