Medio Rural impulsa un plan estratéxico de agricultura ecolóxica

|

Agriculturaecologica


A Consellería do Medio Rural impulsará, de acordo co sector, un plan estratéxico de agricultura ecolóxica que servirá para analizar a situación e perspectivas neste campo, así como para deseñar as liñas fundamentais de fomento e promoción desta actividade para o futuro.


A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, tratou esta e outras cuestións de interese para o sector nunha reunión de traballo co presidente do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega), José Antonio Fernández, e con outros responsables.


A reunión serviu para avanzar na redacción deste plan, que se prevé que estea finalizado neste ano e que se centrará tamén no fomento da comercialización destes produtos, que están a rexistrar nos últimos anos un importante crecemento en Galicia.


Segundo os últimos datos dispoñibles, no 2015 alcanzáronse os 33 millóns de euros de facturación neste campo produtivo e, en canto á superficie, ata 20.300 hectáreas estaban dedicadas ao sector agroecolóxico en Galicia, o que supón un incremento do 33% respecto ao exercicio anterior.


O plan de fixación de poboación no medio rural, que ten en marcha o departamento que dirixe Ángeles Vázquez, integra este sector dentro das 23 medidas que o compoñen. Así, para este ano vanse a destinar 4,3 millóns de euros para fomentar métodos de agricultura ecolóxica.

relacionada A Xunta impulsa 350 erasmus agrarios para facilitar "o relevo xeracional"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress