A Coruña, Ferrol e Carballo acollen actuacións durante a XVI Bienal de Teatro ONCE

|


As localidades da Coruña, Ferrol e Carballo acollerán unha mostra da XVI Bienal de Teatro ONCE que se celebra en Galicia desde o 30 de marzo ao 2 de abril, coa participación de oito grupos de teatro compostos na súa maioría por actores e actrices cegos ou con discapacidade visual grave.


Os grupos Sa Boira (Baleares), Muxicas (Ourense), La Luciérnaga (Madrid), Orozú (Cádiz) e Samaruc (Valencia) serán os encargados de levar o seu teatro a estes tres puntos da provincia. No caso da cidade herculina, no Teatro Rosalía de Castro está dispoñible a audiodescripción para persoas cegas.


A recollida das invitacións pódese facer nas sedes da organización, no Teatro Jofre no caso de Ferrol e en Carballo o acceso é libre ata completar aforamento.


Como novidade, nesta edición, incluíuse unha sesión de monólogos a cargo de varios artistas con discapacidade, algúns membros destes mesmos grupos e outros procedentes de grupos diferentes.


Con sede na Coruña, a XVI Bienal de Teatro ONCE chegará, ademais, ata Ourense, O Barco de Valdeorras, Monforte de Lemos, Burela, Pontevedra, Vigo e Lugo.

relacionada A Bienal de Teatro da ONCE comeza abril percorrendo 10 municipios galegos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress