Francisco Conde confía en que o paro se volva reducir en marzo

O conselleiro cre que "a evolución das exportacións e do índice de produción industrial" fan prever que rompa a mala tendencia para o emprego en Galicia.


|

Trabajadorespescado


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mostrouse confiado en que os datos do paro que se darán a coñecer a principios de abril rexistren unha nova caída do desemprego en Galicia apoiándose na "evolución das exportacións e do índice de produción industrial".


"Esa é a tendencia e creo que a evolución das exportacións e do índice de produción industrial que están a marcar récords históricos loxicamente está a axudar tamén a esa diminución do paro", expresou. Do últimos catro meses, só febreiro rexistrou unha baixada do paro de unicamente 154 persoas, despois de tres meses de subidas do desemprego en Galicia.


Así o indicou Conde nunha entrevista concedida á Radio Galega recollida por Europa Press, na que manifestou que "o empresariado galego está a demostrar que en materia de internacionalización" están a "facerse ben as cousas". "Temos estratexia, temos produto e estamos a desenvolver un saber facer no campo internacional que nos está permitindo ano a ano bater os récords de exportacións", incidiu.


INDUSTRIA 4.0


Así as cousas, incidiu na necesidade de que os sectores produtivos galegos aposten pola "Industria 4.0" para poder competir con outros mercados como Portugal á hora de atraer investimentos, xa que o país luso é máis atractivo para as grandes empresas que Galicia por ter salarios máis baixos.


"A capacidade competitiva que ten Galicia está na innovación, está no noso talento. Creo que temos exemplos claros no sector da automoción", continuou, para logo poñer como exemplo a empresa Citroen, que "vai investir máis de 600 millóns de euros precisamente para ser máis competitiva na industria 4.0 e no desenvolvemento do coche autónomo".


Para Conde, "ese é o camiño para ser competitivo", á vez que indicou que a automoción galega "ten un horizonte de dez anos", un sector en Galicia que "ten cada vez máis capacidade para competir por novos modelos".


PARQUE DE ROZAS


Por outra banda, avanzou que a Xunta espera iniciar "de forma inmediata as licitacións de compra pública innovadora" para o Polo Tecnolóxico de Rozas (Lugo), co obxectivo de "establecer solucións innovadoras para a prestación de servizos públicos por parte da administración".


"Creo que Rozas é un exemplo claro de como hai oportunidades no desenvolvemento dun sector emerxente e sobre un sector que está vinculado á innovación e o coñecemento", asegurou.

relacionada O paro en España segue sendo case o dobre da media dos países da eurozona
relacionada O paro baixa minimamente en febreiro en Galicia despois de tres meses subindo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE