Chega a Ourense o documental 'Frágil Equilibrio', gañador do Goya

|

Fragilequilibriodocu


O documental 'Frágil Equilibrio', dirixido polo cineasta de orixe galega Guillermo García López, proxectarase este luns na Casa da Cultura de Ourense.


A cinta fíxose co Goya ao Mellor Documental na gala de premios do cinema español celebrada o pasado mes de febreiro, na que tamén estivo nomeada na categoría de Mellor Canción Orixinal cunha composición de Zeltia Montes interpretada pola cantante Uxía Senlle.


Na cinta, o ex presidente uruguaio José Mujica actúa como fío condutor de tres historias doutros tantos puntos do planeta sobre as contradicións do sistema socioeconómico actual.


As vidas dun executivo xaponés que centra a súa vida no seu traballo para unha corporación, unha comunidade subsahariana no Monte Gurugú que soña con chegar ao primeiro mundo e a loita dunha familia madrileña por non ser desafiuzada da súa vivenda actúan como espello das desigualdades que xera o capitalismo en diferentes partes do mundo.


A proxección terá lugar este luns no salón da Casa da Cultura de Ourense a partir das 20,30 horas no primeiro pase e repetirase ás 23,00 horas.

relacionada Así é a serie documental de RTVE 'Arquitectura Popular en Galicia'
relacionada "A falta de acceso a medicamentos xa non é un problema exclusivo de países en desenvolvemento"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress