Rajoy di non a outras eleccións: "Xa fixemos bastantes bobadas en 2016"

O presidente asegura que "xa sabía" que a lexislatura "ía ser difícil" e asume como "normal" perder algunhas votacións.


|

Rajoycongreso 1


Mariano Rajoy asegurou que "xa sabía" que esta lexislatura, na que o PP goberna en minoría, "ía ser difícil" e considera "normal" perder algunhas votacións no Congreso. Por iso, incide en que "fará o imposible" para evitar unha nova convocatoria electoral antes de tempo e cre que, a pesar das dificultades, "tomáronse decisións importantes" durante os primeiros meses da lexislatura, das que "está satisfeito".


"Xa fixemos bastantes bobadas durante 2016 para volver agora a meter o país nunha contenda electoral. Por tanto, reiterareino ata a saciedade: non vou adiantar as eleccións", subliña nunha entrevista publicada este domingo en 'El País' e realizada o pasado mércores, 22 de marzo.


Aínda así, cre que para esta lexislatura "sería mellor" unha gran coalición co PSOE e subliña que "sempre estivo a favor do bipartidismo" e reivindica o percorrido democrático dos "últimos 40 anos". "En España nos últimos anos sobra adanismo e falta máis xente que recoñeza e valore a responsabilidade dunha boa xestión", manifesta.


Sobre as reivindicacións independentistas do Goberno de Cataluña, Rajoy reiterou que a súa mensaxe para o presidente da Generalitat é que "está disposto a dialogar sobre o que queira" pero que "non se lle pode pedir ao presidente do Goberno dun país que viole a lei". "A formulación que lle fixen enténdese moi ben", considera.


En canto ao anuncio de ETA da súa intención de entregar as armas, o presidente do Goberno cre que é algo que "está ben" pero insistiu en que "o importante é que se disolvan". "Sen dúbida ese será un dos momentos máis fermosos para España en décadas", manifestou.


Aínda así, lembrou que ETA "é unha organización terrorista" e, en consecuencia, "non se negocia, non se paga nin se lles compensa por deixar de matar".


UNHA EUROPA DE DÚAS VELOCIDADES


Rajoy participou esta fin de semana na conmemoración do sesaxésimo aniversario do Tratado de Roma xunto cos líderes dos demais países da UE. Neste sentido, reivindicou os éxitos do proxecto Europeo e cre que a UE "é unha potencia que debe exportar ao mundo aquilo que defende e no que cre".


Además, mostrouse partidario dun modelo de Unión Europea de "dúas velocidades" aínda que subliña que "non lle gusta" chamarlle así porque "non se trata de distinguir entre bos e malos ou entre ricos e pobres" senón "entre os que teñen vontade de avanzar máis e que non, ou simplemente o queren facer con menos rapidez".


"Creo que Europa ten que facer un maior esorzo de integración. Empezamos a falar xa dede avances en defensa europea, política exterior, política interior. Hai que completar a unión bancaria e dar un paso, aínda que levará o seu tempo, para ter unha unión fiscal", subliñou, ao ser consultado polo futuro da UE e a resposta aos nacionalismos.

relacionada Feijóo di que Rajoy non nomeará a dedo o seu sucesor, como fixo Aznar
relacionada Rajoy poderá convocar eleccións nas datas nas que se voten as emendas á totalidade dos seus Orzamentos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE