Iago Aspas aspira a chegar máis alto, pero vestido de celeste
O dianteiro de Moaña móstrase ambicioso nas súas aspiracións, aínda que non ten en mente volver saír do Celta.
O Celta planea ter a Iago Aspas como referente os próximos anos. O de Moaña non ten en mente volver saír do club, tras dúas experiencias pouco produtivas en Inglaterra e Sevilla, pero aspira a máis vestido de celeste.
Para iso, pide ao club vigués reforzos que fagan crecer ao equipo e as súas aspiracións. "Creo que o que está a pedir o míster, que xa que o club está nun momento de estabilidade económica, creo que conseguir un bloque co que levamos os últimos anos e facer unhas fichaxes que nos dean un empurronciño para optar a algo máis que quedar entre os doce primeiros", dixo o dianteiro.
Mentres, en Vigo, os xogadores que quedan sen compromisos coas seleccións aproveitaron a semana de descanso en liga para probar un adestramento diferente. Unha sesión de pádel antes do catro días de descanso programados antes de volver o martes á rutina coa mirada posta nos próximos choques na competición doméstica e a europea.
Escribe o teu comentario