O PSdeG propón unha oficina para recibir denuncias confidenciais sobre corrupción

|

Juandiazvillaslosadapsdeg


O PSdeG propoñerá habilitar unha oficina no Consello de Contas para recibir denuncias relativas a casos de fraude ou corrupción ben de cargos ou funcionarios públicos ou ben de empresas privadas na súa relación coa administración. A súa idea é que poidan ser tratadas de forma confidencial, como ocorre noutros países da nosa contorna europea, para así evitar calquera "represalia" que poida sufrir o denunciante.


Trátase dunha das recomendacións que os socialistas achegarán á comisión parlamentaria sobre as relacións co Consello de Contas, e aspiran a que poida ser asumida polo PPdeG. Diso deron conta este venres en rolda de prensa os deputados Juan Díaz Villoslada e Begoña Rodríguez Rumbo, xunto con outras achegas para o órgano fiscalizador e peticións á propia Xunta.

relacionada A Xustiza non ditou ningunha sentenza por corrupción en Galicia en 2016

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress