O presidente de Cabo Verde visita Galicia para "intensificar" a colaboración

En 2016 a república africana e a Xunta asinaron un memorando en materias como pesca, turismo, educación ou medio ambiente.


|


JorgeCarlosdeAlmeidaFonseca


Alberto Núñez Feijóo avogou por "seguir intensificando" a colaboración con Cabo Verde en materias como pesca, turismo, educación ou medio ambiente. O presidente da Xunta recibiu este venres o presidente da República de Cabo Verde, Jorge Carlos de Almeida Fonseca, nun encontro oficial no Pazo de Raxoi, onde ambos os mandatarios lembraron que a Xunta e o Goberno caboverdiano asinaron en 2016 un memorando que recolle estas liñas de colaboración, que aspira a "intensificar".


Esta visita prodúcese no marco dunha viaxe do presidente de Cabo Verde a Galicia, no que, ademais de coñecer as autoridades autonómicas e institucións como as universidades galegas, visitará a comunidade caboverdiana que reside en Galicia, con especial presenza en Burela.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE