Adif finaliza a homoxeneización estética das estacións do Eixo Atlántico

A compañía investiu 4,3 millóns nos traballos pensados para facilitar "o acceso e o tránsito" dos usuarios.


|

Estaciontren


Adif Alta Velocidade finalizou os traballos de homoxeneización estética das estacións ferroviarias do Eixo Atlántico, o que supuxo un investimento de 4,3 millóns de euros.


A actuación consistiu en aplicar ás estacións de Vilagarcía de Arousa, Redondela e Padrón-Barbanza os criterios estéticos e funcionais do resto de estacións do Eixo Atlántico.


En concreto, segundo informou Adif, os traballos centráronse nas "marquesiñas, a pavimentación e os acabados das plataformas, o revestimento dos pasos inferiores, o cerramento exterior, o mobiliario e a siñalética".


Ademais, a actuación, que foi cofinanciada con fondos comunitarios Feder, tamén facilitará "o acceso e o tránsito" dos ususarios tanto no interior coma no exterior das estacións.

relacionada Adif rehabilitará a cuberta histórica da estación da Coruña
relacionada Adif recorre a imputación do seu ex xefe de seguridade polo accidente do Alvia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE