Sabina programa un segundo concerto na Coruña

Faio tras esgotarse as entradas para o día 22 de xullo. O artista dará outro concerto ao día seguinte na cidade herculina. 


|

Sabinaloniegotodo


Joaquín Sabina non terá suficiente con 'negalo todo' unha vez. Cal Judas Iscariote, fará gala da negativa do seu último disco unha segunda vez. Desta forma o madrileño actuará , ademais do 22, o 23 de xullo na Coruña, para presentar o seu último traballo 'Lo niego todo', tras esgotarse o pasado luns as entradas para o 22 de xullo en menos de catro horas.


Con este concerto, son 22 os confirmados na próxima xira por España do cantante de Úbeda. Segundo a web oficial de Sabina, as entradas para o concerto do día 23 de xullo na cidade herculina poñeranse á venda o vindeiro luns, 27 de marzo, ás 10,00 horas.


Con máis de 125.000 entradas vendidas para os primeiros shows confirmados --incluíndo tres cheos en Madrid nun tempo récord--, a súa xira confírmase como un dos regresos máis esperados deste 2017.


Riff Producións destaca que o recibimento por parte de critica e público do seu novo disco 'Lo niego todo' foi "unánime", número uno en descargas dixitais en España e América Latina con opinións xeneralizadas sobre o estado de graza das súas novas composicións.

relacionada Sabina presenta 'Lo niego todo' na Coruña o 22 de xullo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE