O plan de prevención do suicidio en Galicia poderá presentarse en próximas semanas

Almuíña anunciouno ante a interpelación de Eva Solla, quen trasladou denuncias relativas ás áreas de psiquiatría de varios centros. 


|

Almuiaconselleirosanidadeparlamento


O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, anunciou que o plan de prevención do suicidio en Galicia está "a piques de finalizarse" e poderá ser presentado nas próximas "semanas, meses".


Así o dixo no pleno do Parlamento, ante a interpelación da deputada de En Marea Eva Solla, quen trasladou denuncias relativas ás áreas de psiquiatría de varios centros galegos, nunha situación que tachou de "penosa" e con "escaseza" de medios.


Pola súa banda, o conselleiro negou falta de recursos nin de persoal, e defendeu actuacións de mellora do servizo na comunidade galega.


A maiores, sinalou como outro "gran reto" o plan estratéxico de saúde mental co horizonte de 2020, no que a Xunta, segundo destacou, tamén está "a traballar".

relacionada Alertan de "graves deficiencias" na hospitalización psiquiátrica do CHUAC
relacionada O deterioro na hospitalización psiquiátrica derivou nunha agresión e un suicidio en Santiago

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE