Rexistran a Cámara de Comercio de Lugo por orde de Pilar de Lara

A investigación parte de informes sobre "irregularidades no seu funcionamento e xestión" durante os anos 2010 e 2011.


|

Lara lugo pokemon 620x350


A sede da Cámara de Comercio de Lugo foi rexistrada a comezos desta semana por orde da titular do xulgado número uno de Lugo, Pilar de Lara.


A entrada e rexistro nas tres dependencias coas que conta a Cámara de Comercio de Lugo produciuse o pasado luns e prolongouse durante boa parte do día.


A investigación parte dos informes do Consello de Contas sobre "irregularidades no funcionamento e xestión da Cámara" durante os anos 2010 e 2011. Os feitos poderían constituír delitos de malversación de caudais públicos, alzamento de bens, contratacións ilegais e fraude en subvencións.


En 2015, o por entón conselleiro maior de Contas, Xesús Palmou, informou no Parlamento galego da remisión á Fiscalía do Tribunal de Contas de informes sobres irregularidades detectadas nas cámaras de comercio galegas.


Pola súa banda, o presidente da Cámara de Comercio de Lugo, Xabier Díaz, eludiu facer declaracións sobre estes rexistros, tan só se limitou a apuntar que a investigación está "baixo segredo de sumario".


Así, De Lara ordenou o rexistro nas dependencias da Cámara, no edificio da UNED e en Ramón Ferreiro, así como na Confederación de Empresarios de Lugo, na Praza de Santo Domingo, que alberga servizos da entidade.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE