Necesitamos reutilizar a auga ou non haberá para as próximas xeracións

Viaqua tenta concienciar este ano no Día Mundial da auga sobre os posibles aproveitamentos deste ben natural escaso.


|

Viaquacarpa


A edición deste 2017 do Día Mundial da auga fai fincapé especial no desperdicio de auga e en como reducir o seu uso e reutilizar ata unha 80% da auga que malgastamos nos nosos fogares, industrias e cidades. Trátase dun recurso valioso que devolvemos en ocasións ao medio cando o poderiamos aproveitar.


Con isto en mente, a empresa de xestión da auga Viaqua instalou este 22 de marzo unha carpa na Praza Roxa compostelá coa intención de facer chegar esta mensaxe á cidadanía. Na iniciativa tratábase de mostrar aos veciños a pequena escala os distintos procesos que se acomenten nas estacións depuradores e como, reducindo os contaminantes que botamos nos fogares á auga, podemos facilitar o seu tratamento. Ensinaban, por exemplo, o filtrado de residuos sólidos ou a separación dos aceites que se tiran polo desaugue.


Viaquademostracion

A auga tratada dunha forma segura é unha fonte sustentable de auga e enerxía, así como para obter nutrientes e outros materiais recuperables. Por iso, o xerente de Operacións de Viaqua, José Antonio del Rey, explicounos que nuns 20 ou 30 anos seremos un 50% máis de poboación mundial "e iso o que trae é que necesitemos moita máis auga para roducir alimentos, xa sexa directamente a través da agricultura ou para transformalos na industria".


Con esta perspectiva, temos que ser conscientes de que "non imos ter auga para abastecer estes usos tal e como a empregamos na actualidade e o que imos necesitar é reutilizar parte desta auga en diferentes usos que, ademais, serán moi adecuados".


Del Rey puxo como exemplo "a auga coa que lavamos os tomates ou a leituga, que nos vai servir para regar as plantas e que ademais contén unha serie de sustancias que ao vexetais lles veñen moi ben". Trátase dun exemplo a nivel doméstico, pero engadiu que, ademais, "hai saídas de industrias que directamente poderían destinarse a regadío", ao non levar microorganismos, porque mesmo coa presenza de materia orgánica serven para "plantacións que non teñan o alimento dentro da terra senón que o produzan a través da planta".


Viaquaauga

Neste sentido, resaltou que Viaqua, dentro do seu grupo empresarial, conta con experiencia en "poboacións nas que estamos a achegar auga de saída da planta depuradora augas arriba porque esa auga ten mellor calidade que a do propio río" onde a planta potabilizadora capta a auga.


E, ademais da Adminitración, Del Rey considera que "nos temos que centrar na poboación, porque sen eles non o imos conseguir". Así, encomenda "tentar contaminar o mínimo posible, que todo o que poidamos tirar ao cubo do lixo, o tiremos, non o mesturemos coa auga". Neste sentido destacou o dobre problema que orixinan as toalliñas húmidas: que atascan canalizacións ou se enredan nas instalacións e os compostos químicos que levan disólvense na auga, contaminándoa máis. Un caso perfectamente evitable non mesturando o lixo coa auga.


"Debemos tentar sumar entre todos porque o medio ambiente váinolo agradecer, temos que ser sustentables", manifestou.

relacionada A auga da billa en Santiago, Ourense e Pontevedra renova o seu selo de "máxima calidade"
relacionada Viaqua xestionará os interceptores da marxe dereita da ría de Ferrol
relacionada A Xunta celebra o Día Mundial da auga concienciando sobre a súa reciclaxe

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE