A Xunta recibe 632 queixas nun ano do portal de transparencia

Computa 233 solicitudes de información, con 188 expedientes pechados e dúbidas sobre cuestións como ordenación territorial e contratación. 


|

Alfonsoruedamilagrosoteroquejasportaltransparencia


O Goberno galego computou máis de 200 solicitudes de información e unhas 600 queixas dos cidadáns --632-- desde que botou a andar o portal de transparencia da Xunta, hai pouco máis dun ano, con 80.000 visitas recibidas. Das solicitudes de datos, o 80 por cento foron resoltas e o 20 por cento restante está "en fase de análise".


Así o explicou o vicepresidente, Alfonso Rueda, quen concretou, ademais, que do total de peticións de información resoltas, no 80 por cento dos casos accedeuse á solicitude, mentres que no resto non puido darse este paso por unha cuestión de "protección de datos ou outras razóns legais".


En canto ás 600 queixas presentadas, Rueda destacou que gran parte están vinculadas coa falta de persoal ou de celeridade na resposta, así como na dificultade de acceso á tramitación electrónica. "Hai unha baixa porcentaxe, non chega ao 20 por cento, de queixas que aludan ao trato recibido ou ao servizo prestado", reflexionou.


O vicepresidente, así mesmo, incidiu na importancia das suxestións de mellora e destacou a boa relación e "nivel de colaboración" coa valedora do Pobo, Milagres Otero.


"Hoxe é un día grande para Galicia", subliñou, pola súa banda, a valedora do Pobo, quen resaltou os "avances" en materia de transparencia na comunidade.


CASE O 40% DAS QUEIXAS, EN EDUCACIÓN


Segundo os datos globais do ano 2016 que recolle o informe da Xunta, no pasado exercicio as queixas da cidadanía ascenden a 632. Delas, 240 (case un 40 por cento) dirixíronse á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; mentres que Política Social recibiu 81; Economía, 76; e a propia Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, 65.


A maior parte das queixas rexistráronse pola vía presencial (490), 125 por medios electrónicos e 17 por teléfono. Por provincias, Pontevedra e A Coruña computaron o maior número, 292 e 250, respectivamente; mentres que en Ourense constan 38 e en Lugo, 32. Doutras provincias proceden 20.


Por sexo, 340 queixas foron formuladas por homes e 289 por mulleres. Tres das queixas rexistradas realizáronas persoas xurídicas.


En canto á tipoloxía, como avanzou Rueda, gran parte correspóndense a "falta de persoal" (139), pero tamén hai queixas por tempos de tramitación excesivos (87), información (75), polo servizo prestado (49) ou pola atención de empregados públicos (58), así como pola accesibilidade electrónica (71).


Entre as queixas, tamén se inclúen outros motivos, por exemplo 11 ligadas á retirada de niños de avispa velutina.

relacionada A Valedora asegura que non recibe queixas por razón de raza: "Somos un país igualitario"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE