Expediente á familia Franco por impedir as visitas ao Pazo de Meirás

Rueda nega trato de favor e defende, fronte ás críticas da oposición, que o Goberno galego actúa "con total obxectividade"


|

Pazomeiras


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, ratificou este martes a apertura dun expediente á familia Franco por "incumprir" a lei de bens de interese cultural (BIC) que obriga a abrir ao público e permitir visitas ao Pazo de Meirás, antiga residencia de verán dos Franco, polo menos catro días ao mes. 


"Constatouse que o sistema de acceso ás visitas, mediante o teléfono e o correo electrónico, está a incumprirse", explicou, en declaracións aos medios, o vicepresidente galego, despois de entregar varios informes sobre transparencia á valedora do Pobo, Milagros Otero.


Rueda avogou por "esperar" a ver que determina o expediente cando se peche, pero manifestou a súa convicción de que se a familia de Franco "está a incumprir" os parámetros de visitas que fixa a lei debe ser sancionada.


NEGA TRATO DE FAVOR


En canto ás críticas da oposición, que acusa á Xunta de non actuar con contundencia, replica que, aínda que os grupos "están no seu dereito" de manifestar o que consideren oportuno, "non teñen razón" e negou trato de favor.


"Asegúrolles que a Xunta actúa con total obxectividade", resolveu.

relacionada O PSdeG solicita unha visita ao Pazo de Meirás para parlamentarios
relacionada En Marea loitará pola "recuperación gratuíta" do Pazo de Meirás

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE