A xustiza dá a razón aos bombeiros ourensáns nun preito co Concello

Aos traballadores denegáronlles días de asuntos propios por necesidades do servizo | O TSXG apunta a unha "corruptela" por parte do ente municipal. 


|

Camionbomberos


A sección primeira da Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou a sentenza --do 18 de xullo de 2016 do xulgado do Contencioso número número 1 de Ourense-- na que se recoñece o dereito dos bombeiros a gozar de seis días de asuntos propios ao ano ou a percibir a indmenización equivalente.


Deste xeito, a Sala do contencioso-administrativo do TSXG desestima, nun fallo con data de 1 de marzo de 2017, o recurso presentado polo Concello de Ourense.


Nos fundamentos de dereito, o TSXG sinala que as negativas a este dereito dos traballadores eran ditadas polo superior xerárquico inmediato do solicitante, o que considera un "órgano incompetente".


Respecto diso, explica que o órgano correspondente para a denegación de permisos "non é outro que o alcalde" do municipio, "na súa calidade de titular da superior dirección do persoal ao servizo da administración municipal".


Esa competencia pode ser delegada nun concelleiro ou no xefe do servizo de extinción de incendios, pero para que iso ocorra debe ser publicado no boletín ou diario oficial no seu ámbito territorial, así como "recoller a delegación operada na propia resolución ditada polo órgano delegado". 


Así mesmo, condénase á parte recorrente a pagar as costas procesuais, cunha contía máxima que se fixa en 1.000 euros a percibir en concepto de honorarios de letrado da parte apelada.


"CORRUPTELA POR PARTE DO ENTE MUNICIPAL"


Pola súa banda, o Concello de Ourense escudábase en que esa denegación de días de asuntos propios "obedeceu a necesidades do servizo", pero a Sala falla que esa cuestión "non pode cernar o dereito dos traballadores ao descanso". Desta maneira, "o que non é admisible é que tal decisión non ofreza alternativas en canto a datas máis convenientes".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE