O flautista máis ilustre do folk irlandés volve ao Festival de Ortigueira

Michael Goldbrick é unha das bandas confirmadas no lado internacional. Treixadura debutará en Ortigueira acompañada da agrupación Cantigas e Agarimos. 


|

Michaelgoldbrick


O Festival de Ortigueira contará na edición deste ano no seu cartel coa Michael McGoldrick Band por parte de grupos internacionais, e Treixadura con Cantigas e Agarimos, polo lado nacional.


Así, a organización do evento anuncia para o sábado 15 de xullo á Michael McGoldrick Band. E outra das bandas confirmadas para este ano é Treixadura, considerado un dos clásicos da música tradicional de Galicia, que non estivo nunca no Festival de Ortigueira.


Deste xeito, o flautista "máis ilustre do folk irlandés", segundo destaca a organización deste festival coruñés, volve a Ortigueira. "Michael Mcgoldrick asomarase coa súa banda ao Escenario Estrela Galicia", segundo concreta.


O grupo suma ao violinista Dezi Donelly, membros de Flook como Ed Boyd (guitarra) e John Joe Kelly (bodhran); e ao líder de Capercaillie, Donald Shaw (teclados).


En canto á representación galega anunciada, Treixadura "fai un debut ao grande, acompañado da agrupación Cantigas e Agarimos", segundo destaca a organización, que anticipa un espectáculo de música, baile e canción para a noite do domingo "que se antolla especialmente entrañable por dedicarse á canción tradicional galega e ao baile".


No ano 2015 Treixadura celebrou o seu 25 aniversario de traxectoria artística cun novo disco que resume a súa extensa carreira e inclúe algunhas pezas inéditas, 'Vendima Tarda', que deu nome á súa xira de concertos.

relacionada O Teatro Colón da Coruña cancela o espectáculo de Jorge Cremades
relacionada Cor, baile e deporte únense no Holi Gaiás

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE