Caramuxo Teatro leva este domingo á SGAE o seu espectáculo 'Feo'

A sede santiaguesa da fundación acolle esta función baseada no clásico 'O parruliño feo', descrita como "un canto á diversidade".


|

Feocaramuxoteatro

Representación de 'Feo'. //Foto: Caramuxo Teatro


A Sede de Fundación SGAE en Santiago de Compostela acolle este domingo unha nova función de 'Escena en Familia', o ciclo de artes escénicas para os máis pequenos, que nesta ocasión ofrece 'Feo', unha proposta de Caramuxo Teatro.


Segundo informa a Fundación SGAE, trátase dun espectáculo recomendado para nenos a partir de tres anos baseado no clásico 'O parruliño feo' de Hans Christian Andersen. O prezo dos billetes é de cinco euros, que se reduce a catro euros con desconto.


Na súa trama, unha pequena fábrica de parrulos de goma produce todos os días centos e centos de elementos do mesmo tamaño e cor, pero un día sae un parruliño diferente. 'Feo' é, segundo engade, "un canto á diversidade e á esencia dun mesmo; unha comedia para toda a familia".


O ciclo 'Escena en Familia', unha iniciativa da Fundación SGAE en Santiago de Compostela, leva en activo desde abril de 2008. As seguintes convocatorias da súa programación son 'Cincenta', de Danthea Teatro (días 25 e 26 de marzo); 'A Illa dos Nenos', de Hocus Pocus (1 e 2 de abril); e 'A cabeza do dragón', de Monicreques Cachirulo (8 e 9 de abril).

relacionada Chega aos teatros 'A Cabeza do dragón', a primeira obra de Valle-Inclán en galego
relacionada Teatro, o Santiautor e o Día da Muller protagonizan o novo número de 'Compostelánea'

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE