O Teatro Colón da Coruña cancela o espectáculo de Jorge Cremades

A Deputación e o Concello apelan á "tolerancia cero" co machismo


|

Jorgecremades 1

O Teatro Colón da Coruña cancelou o espectáculo de Jorge Cremades 'Te odio, pero como amigo', que estaba previsto para o próximo 25 de marzo.


Así o informaron desde a dirección do centro nunha comparecencia á que asistiron a concelleira de Igualdade do Concello da Coruña, Rocío Fraga, e a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín. Esta vinculou a decisión coa "tolerancia cero" co machismo.


Desde o Teatro Colón, propiedade da Deputación da Coruña, precisaron que o artista manifestou a súa vontade de subir ao escenario, tras a venda de entradas. Con todo, dixeron que o artista "non quixo prexudicar ao teatro nin á súa dirección" tras as críticas a esta representación.


DEVOLUCIÓN DE ENTRADAS


Tamén precisaron que os que adquiriron localidades terán dereito á devolución do importe íntegro a través da plataforma onde as adquiriran.


Mentres, a vicepresidenta provincial vinculou a decisión con "un compromiso firme de tolerancia cero co machismo". Ademais, enmarcou esta cancelación nunha "vitoria" do colectivo feminista.


Na mesma liña, a concelleira de Igualdade do Concello da Coruña, Rocío Fraga, precisou que a decisión se adopta tras a solicitude feita por un grupo de mulleres. Ao seu xuízo, este espectáculo é "a punta do iceberg doutras expresións de odio que teñen lugar, ás veces, nos espazos artísticos".

relacionada Cancelan en Vigo un espectáculo de Jorge Cremades polas súas declaracións machistas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE