Renfe ofrece 1.600 prazas adicionais nos Alvia entre Madrid e Galicia por San Xosé

|

Renferegional

Renfe incrementa desde este venres e ata o luns 20 de marzo as prazas nos servizos Alvia ata Galicia en todos os destinos galegos con case 1.600 asentos adicionais con motivo da festividade de San Xosé, que é festivo na comunidade madrileña.


Ante o aumento da mobilidade prevista para estes días, Renfe incrementou a súa capacidade para os principais destinos galegos en tren, segundo informou a compañía.


Así, Renfe programou 900.000 prazas nos seus trens AVE, Longa Distancia e Media Distancia para este fin de semana longo, xa que o luns 20 é festa nas comunidades de Madrid e Estremadura con motivo da festividade de San Xosé, ademais de coincidir coa fin de semana das Fallas en Valencia.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress