Atlético, Madrid e Barça evítanse en cuartos da Champions

Os branquivermellos mediranse ao Leicester, os cataláns á Juve e os merengues reencontraranse con Ancelotti fronte ao Bayern.


|

Sorteochampionsleague


O sorteo dos cuartos de final da Champions League deste mediodía non deixou ningún enfrontamento entre os equipos españois, que se evitan nesta rolda.


O Atlético, primeiro equipo elixido no sorteo, medirase co Leicester City. Mentres, o Barcelona xogará o pase a semifinais ante a Juventus e o Real Madrid vólvese atopar con Carlo Ancelotti no banco do Bayer. O cuarto choque da eliminatoria enfronta a Borussia Dortmund e ao Mónaco.


Os encontros de ida xogaranse o 11 e 12 de abril e os de volta, unha semana máis tarde, o 18 e 19.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE