Falece unha moza de 19 anos ao saírse da estrada e envorcar o seu vehículo en Lugo

O seu acompañante, un home de 28 anos, resultou ferido grave


|

TerraplencocheaccidenteFoto de arquivo


Unha moza de 19 anos faleceu e un home de 28 anos resultou ferido grave nun accidente de tráfico rexistrado esta mañá no municipio de Lugo.


O sinistro produciuse ás 8,48 horas na estrada de Orbazai a Ombreiro tras sair da vía e envorcar o Renault Megane que conducía. 


Ao lugar acudiron unha ambulancia medicalizada e outra asistencial do 061. No punto foi atendida a moza que faleceu, mentres que o acompañante, de 28 anos, I.P.M., foi levado ao Hospital Lucus Augusti (HULA) de Lugo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE