O equipo liderado por Alonso Montero á fronte da RAG cesa hoxe o seu mandato

A executiva estará en funcións ata a elección dos novos representantes, que previsiblemente se celebrará no mes de abril. 


|

Realacademiagalega


A Real Academia Galega aprobará este venres no seu pleno ordinario a convocatoria de eleccións internas nas que se decidirá a composición da nova Executiva que sucederá ao equipo liderado por Xesús Alonso Montero.


O pleno, que se celebra este venres 17 de marzo ás 17.30 horas, supoñerá o cesamento do equipo actual composto polo propio Alonso Montero, o secretario Henrique Monteagudo, Rosario Álvarez, Margarita Ledo e Andrés Torres Queiruga, que entrará nun período "en funcións".


Segundo indican os estatutos da institución Académica, unha vez aprobada a convocatoria de eleccións internas, posteriormente iniciarase un período de presentación de candidaturas que se pechará 48 horas antes da data da votación.


A pesar de que a normativa interna ofrece un prazo máximo de tres meses para fixar a convocatoria electoral, a vontade da actual Executiva é que se celebren no mes de abril, co obxectivo de facilitar o traballo da nova presidencia ante a cita das Letras Galegas.


De momento ningún académico trasladou publicamente a súa vontade de presentarse a este novo proceso, aínda que si se realizaron diversos chamamentos á "unidade" e ao "diálogo" para tentar lograr unha candidatura única.

relacionada Conta atrás para o proceso de relevo do equipo de Alonso Montero á fronte da RAG

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE