O goteo de incendios forestais continúa ás portas da primavera

Esta madrugada quedou extinguido un lume en Piñor tras arder 25 hectáreas, pero esta semana houbo polo menos catro grandes incendios.


|

BomberoforestalllamasUn bombeiro forestal, nunha queima controlada. // Foto: @AT_Brif


Faltan aínda tres días para que remate o inverno, pero o goteo de incendios forestais está a deixar o seu rastro nos montes galegos na estación, a priori, menos propicia. O incendio forestal iniciado na tarde do xoves no termo municipal de Piñor (Ourense) quedou extinguido na madrugada deste venres tras queimar unhas 25 hectáreas.


Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o incendio declarado ás 19,04 horas do xoves na parroquia de Corna quedou extinguido ás 00,30 horas deste venres. As estimacións provisionais apuntadas polo departamento de Medio Rural sitúan a superficie queimada por este lume forestal en 25 hectáreas.


Nos traballos de extinción deste incendio participaron un axente, cinco brigadas, tres motobombas e dúas pas.


En só unha semana e cando aínda é inverno, catro grandes incendios arrasaron polo menos 160 hectáreas de monte en Carballeda de Valdeorras, O Irixo, Entrimo e este mesmo de Piñor.

relacionada Controlado un incendio forestal no Irixo tras queimar unhas 20 hectáreas
relacionada Extinguido un incendio forestal na Serra do Xurés tras queimar 35 hectáreas
relacionada Un incendio forestal en Carballeda de Valdeorras arrasa 80 hectáreas en pleno marzo
relacionada Os traballadores anti incendios fixos descontinuos reincorpóranse a partir do 1 de marzo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE