Feijóo ve "moi ben" que se cite ao ex-xefe de Adif se existen "dúbidas"

|

Feijoorobertredford


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ve "moi ben" que o ex-xefe de seguridade de Adif Andrés Cortabitarte compareza ante o xuíz que instrúe a causa do accidente de Angrois "se hai algunha dúbida" sobre as medidas da súa área de responsabilidade que se implementaron na vía onde se produciu o accidente, que deixou 80 mortos e máis dun centenar de feridos.


Tras o Consello da Xunta, resaltou que o seu Goberno "mantén unha postura desde o principio" en relación ao sinistro: "que as vítimas teñen dereito a saber o que pasou". "É evidente que ese tren ía a máis de 190 quilómetros por hora, pero se hai algunha circunstancia directa ou indirecta que puido influír no resultado, as vítimas teñen dereito a coñecelo e a que se faga xustiza", agregou.


A continuación, indicou que neste momento a Xustiza "está a avanzar", con dous "imputados": o maquinista e o ex-xefe de seguridade de Adif. Sobre esta última citación, apuntou que lle parece "moi ben" que "se hai algunha dúbida sobre a implementación das medidas de seguridade de Adif, se lle chame".


Outros partidos queren que falemos disto paralelamente no ámbito parlamentario e sería moi fácil facelo, pero non creo que haxa que aproveitar para buscar responsabilidades en gobernos anteriores", insistiu. "Eu non creo en facer así política", reflexionou.


RESPONSABILIDADES POLÍTICAS


Preguntado acerca de se o feito de que non fose ata tres anos despois cando se formalizou a citación de Cortabitarte pode incrementar as esixencias de responsabilidades políticas, Feijóo respondeu que "non" o sabe, aínda que lembrou que no seu día foron imputados os membros do consello de administración de Adif, aínda que posteriormente "se descartou esa tese".


CALQUERA COMISIÓN, "NO ÁMBITO COMPETENTE"


En canto á apertura dunha investigación no Parlamento galego, que piden En Marea e BNG, replicou que a el o que lle importa é que "a xustiza se faga nos tribunais". "As opinións dos parlamentarios, opinións son", sentenciou, para engadir que, en todo caso, "calquera comisión que se produza ten que ser no ámbito parlamentario que ten competencias".


"E como se sabe, o único ámbito parlamentario con competencias sobre cuestións ferroviarias é o das Cortes", aseverou.

relacionada Podemos esixe a comparecencia "urxente" de De La Serna tras a imputación do xefe de Adif
relacionada O xuíz do caso Alvia atribúe ao xefe de seguridade de Adif os delitos de homicidio

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress