Deteñen a unha persoa por un asasinato ocorrido en Fisterra en decembro

|

Fisterra-degolado


A Garda Civil detivo unha persoa en relación coa morte dun home que aparecera degolado a mediados de decembro na súa vivenda en Fisterra.


Segundo informaron fontes da investigación, en relación coa morte de Idilio Liñeiro hai un detido e as actuacións están baixo segredo de sumario.


O cadáver do home, duns 40 anos e con antecedentes por narcotráfico, foi localizado a última hora do xoves 15 de decembro no interior da súa vivenda, situada no edificio Faro de Fisterra da rúa Escaselas.


A vítima presentaba unha ferida de arma branca no pescozo. Os veciños do home aseguraron que o viran por última vez o luns anterior.

relacionada Prisión provisional sen fianza para o septuaxenario que acoitelou á súa muller na Coruña

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress