O último bar do Camiño está de 30 aniversario

|

Casadascrechassantiagoarrueiro


O 'último bar do camiño', coñecido así pola súa localización en plena entrada da compostelá Praza da Quintana, A Casa das Crechas de Santiago, cumpre 30 anos este xoves e celébrao cun dobre concerto do cantante portugués António Zambujo. 


En 1987 tres novos poñían a andar en Compostela A Casa das Crechas, coa idea de crear un "pub diferente", con concertos en vivo, música de Galicia e de moitos outros lugares, e que promovese distintas manifestacións culturais.


"En 30 anos, A Casa das Crechas converteuse nun referente para a cidade e para o país, aínda que tamén para miles de turistas que ano tras ano queren coñecer un local xa imprescindible no mapa compostelán", indican desde este establecemento, que tamén supón unha "plataforma de lanzamento para novos artistas galegos", así como altofalante para "artistas foráneos".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress