O Supremo falla contra o Dépor e clasifica a débeda con Facenda como privilexiada

Isto supón prazos máis curtos para pagar os case 22 millóns que debe ao fisco, que xa non están suxeitos á quita do 33%.


|

TinofernandezdeporTino Fernández, presidente do Dépor. // Fonte: RC Deportivo


O Tribunal Supremo na Sala do Civil notificou ao Real Club Deportivo a sentenza do litixio aberto coa Axencia Tributaria sobre a clasificación definitiva da débeda que o Club mantén con esta. Segundo informa o club na súa web "nunha decisión moi negativa para os intereses do Real Club Deportivo, o Tribunal Supremo entende os 21,7 millóns de euros clasificados inicialmente como subordinados e ordinarios, son finalmente débeda privilexiada".


O fallo do Supremo supón que o Dépor deberá abonar estes case 22 millóns "sen quita do 33%, dentro dos prazos establecidos no Convenio Singular asinado en marzo de 2014 coa AEAT", é dicir, ten como límite 2023.


O club asegura no seu comunicado que "esta situación, herdada dunha nefasta xestión económica anterior como se pon de manifesto no fallo da propia sentenza, complica o escenario económico do Deportivo nas próximas tempadas, afectando directamente á competitividade do equipo na liga e do propio Club dentro da industria do fútbol". Con todo, afirman que "pese ao duro pau", hai preparado "un plan de continxencia" para afrontar "o reto que supón o novo escenario económico do modo máis solvente posible". E aclaran que non supón "en ningún caso un problema de liquidez" para o club.


Así mesmo, envían unha mensaxe de tranquilidade ao deporivismo, pois defenden "o escrupuloso cumprimento de todas as obrigacións económicas, financeiras e legais que os administradores da sociedade están a materializar desde a súa chegada". "Como noutros momentos delicados, o Real Club Deportivo, co apoio de todos os que forman a súa gran masa social, superará esta situación con traballo, honestidade, determinación e firmeza para, no menor tempo posible, liquidar estes condicionantes económicos que actualmente impiden ao Club competir en igualdade de condicións na mellor liga do mundo", termina o comunicado.

relacionada Unha semana enteira para preparar o derbi de Riazor
relacionada O Dépor dá a sorpresa en Riazor e confirma o cambio de rumbo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE