Noriega ve "pouco elegante" que Fomento lle cobre o cambio de nome de Lavacolla

O alcalde enviou unha carta a De la Serna para que reconsidere a súa posición | Cifra o cambio de marca a Rosalía de Castro en aproximadamente 50.000 euros


|

Lavacollaaeropuertointerio


O alcalde de Santiago enviou unha misiva a De La Serna para expresar o seu descordo coa decisión do ente de cargar o recibo do cambio de nome do aeroporto de Lavacolla a Rosalía de Castro ao Concello. 


Noriega tachou de "pouco elegante" a postura de Aena e fixo un paralelismo cunha hipotética situación na que o Concello "acceda a facer algo e logo lle cargue a factura aos veciños".


A preguntas dos xornalistas, reunidos no Salón Vermello do consistorio con motivo da firma dun convenio entre o Concello e a Deputación da Coruña para o financiamento da actividade cultural do Auditorio compostelán, o alcalde confirmou que se fala dunha cifra aproximada de 50.000 euros que custaría o cambio de marca segundo as súas propias investigacións sobre outros casos similares de aeroportos españois como o de Adolfo Suárez Madrid Barajas.


"Esperamos que Aena reconsidere a súa posición", incidiu Noriega, que ademais desvelou que hai "preocupación" tamén na Xunta por este asunto.


COMPOSTELA, "CAPITAL CULTURAL"


O alcalde compostelán e a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, asinaron esta mañá un convenio de colaboración polo que o ente provincial se compromete a financiar con 180.000 euros as actividades do Auditorio de Galicia, en Santiago.


Sanmartín asegurou que esta colaboración obedece a o status especial de Santiago como capital galega, que para a vicepresidenta tamén ten que ser "capital cultural".


Noriega pola súa banda destacou a importancia desta colaboración, que a dá "cobertura" á programación do auditorio. Ademais, destacou que grazas a estas colaboracións financiáronse eventos culturais en Santiago de tanta relevancia como o Womex, que "non sería posible sen a achega do ente provincial".

relacionada O Parlamento aproba que Lavacolla pase a chamarse Rosalía de Castro

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE