Carmela Silva afirma que vai apostar "por unha muller" para liderar o PSOE

|

Carmelasilvapontevedradeputacion


A presidenta da Deputación de Pontevedra, a socialista Carmela Silva, desvelou que apostará por que unha muller sexa a próxima secretaria xeral do Partido Socialista e descartou que vaia acudir o día 15 a Ourense ao acto de campaña programado polo exlíder desta formación, Pedro Sánchez.


"Non vou ir a Ourense ver a Pedro Sánchez, entre outras cousas porque eu creo que non está aberto aínda o prazo para presentar candidaturas", declarou a presidenta pontevedresa. "Eu son moi oficialista, gústame moito cumprir as normas", abundou.


Dito isto a presidenta da Deputación de Pontevedra definiuse como "unha persoa que cre na igualdade, non só de palabra, senón de feito", polo que asegura estar "encantada" con que unha muller se vaia a presentar á Secretaría Xeral do Partido Socialista Obreiro Español, en referencia á presidenta da Junta de Andalucía, Susana Díaz.


"Será a primeira vez na historia do PSOE que unha muller dea un paso adiante para liderar este gran partido centenario", valorou Carmela Díaz. "Como creo na igualdade e son unha feminista convencida vou apostar por unha muller", sentenciou.


"HAI PRAZO"


En todo caso, Silva matizou que fala "de apoiar a unha muller", á vez que puntualizou que "aínda hai prazo" para que se poidan presentar "máis mulleres e máis homes". Así, lembrou que o prazo de primarias aínda non está aberto, "aínda que custe crelo", segundo abundou, polo que "calquera militante se podería presentar".


Finalmente, sobre as enquisas publicadas nas que se dá vantaxe a Pedro Sánchez en detrimento do resto de candidaturas, Carmela Silva mostrouse "convencida" de que "esas enquisas non son reais". "E o tempo darame a razón, ou quitarama claro", concluíu.

relacionada Caballero, sobre o 'preanuncio' de Díaz: "É unha moi boa noticia para España"
relacionada Susana Díaz presentará a súa candidatura dentro de dúas semanas en Madrid
relacionada Silva anima ás súas traballadoras a secundar o "paro internacional das mulleres"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress