Unha semana enteira para preparar o derbi de Riazor

O Dépor, sen compromisos entre semana, deixa atrás a vitoria fronte ao Barça e ponse a punto para recibir o Celta.


|

Deporentreno

O Dépor ponse a punto para o domingo. //Fonte: RC Deportivo


Coa vitoria ao Barça xa no retrovisor deportivista, os branquiazuis comezaron xa a centrarse no derbi do domingo en Riazor. Os de Pepe Mel teñen planeados cinco adestramentos, un deles, o do xoves, a porta pechada no propio estadio que será escenario do encontro. Só hai descanso para os futbolistas este martes, tal e como informa o RC Deportivo na súa web.


Este luns retomaron as sesións en Abegondo, con énfase especial para os que non foron titulares no partido do domingo. Pepe Mel incidiu na posesión, os remates a portería e, para acabar, dispuxo dun partido en espazo reducido, de alta intensidade. Mentres, o once inicial tivo unha sesión de recuperación e ximnasio.


Sobre o derbi falou Florin Andone, que destacou que "agora parece que o futbol está a darnos o lado bo, o da sorte, e estamos moi felices, confiados nesta boa recha".


Por iso, confía en gañar ao conxunto vigués, que supón "un paso importante para o noso obxectivo e para a nosa confianza, que cada día está a crecer polo momento que estamos a atravesar". "Vou poñer a man no lume polo meu equipo, imos facer as cousas ben, merecemos esta vitoria máis que eles e oxalá quede o partido na casa", desexou. Con todo, lembra a derrota sufrida na primeira volta e que nun derbi "non hai favoritos".


Recoñece que, pola súa banda, "hai ganas de desquite" e que "é o mellor momento" para sumar. "Imos tentar gañar por nós, para levar o Deportivo a unha zona tranquila e pola afección que sempre está do noso lado", finalizou.

relacionada O Dépor dá a sorpresa en Riazor e confirma o cambio de rumbo
relacionada O Dépor salva un punto no desconto grazas a un penalti
relacionada Pepe Mel: "A miña obsesión é que todos os futbolistas pensen que o adestrador conta con eles"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE